Boas a todos e a todas. Esta semana vai ser un pouco distinta. Este día 12 de xullo, o escritor galego Agustín Fernández Paz faleceu, e, sendo o meu escritor favorito en lingua galega, farei unha pequena homenaxe por el esta semana, así que non haberá reseña ata o próximo día 24.
Para darvos unha idea, Agustín Fernández Paz abreume unha porta a un novo mundo: a lingua galega. Foi con el co que empecei a ler libros en galego, con el descubrín o que era ler en galego por pracer, e con el descubrín tamén grandes obras.
Falando dalgunhas, cómpre mencionar, por suposto, o que ata pouco foi a miña obra en galego favorita, Contos por palabras, da cal xa fixen reseña, e outras.
O meu primeiro libro en galego por pracer foi Pantasmas de luz, e pódovos dicir que practicamente devoreino: unha obra moi ben escrita e cun claro trasfondo, cun obxectivo: o achegarnos un sentimento de compañía, de non estar sós. A obra trata dun vello que vai perdendo os lugares favoritos do seu pasado, e, a medida que os vai perdendo, vai facéndose invisible, e quedando só. Sinceiramente, unha obra moi sentimental e moi moi recomendable tamén.
Outra obra do autor que me gustou moito foi As fronteiras do medo, obra na cal o autor nos conta cinco relatos de medo para achegarnos, precisamente, ás fronteiras do medo. Tamén obra moi moi boa e moi moi recomendable.
Non podemos tampouco esquecer outra das súas grades obras, Cartas de inverno, que seguro que si estudas en Galicia, tivestes que ler algunha vez. Un rapaz chega a unha casa nova onde suceden cousas estranas, e un grupo de amigos terán que averiguar o que acontece. Tamén gran gran obra.
Con isto chegamos ó final. Foi un pracer coñecerche e en vida e será tamén un pracer lerche sempre. Descansa en paz, amigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario