martes, 17 de mayo de 2016

Reseña de CONTOS POR PALABRAS, de Agustín Fdez. Paz

Ninguén dixo nunca que conseguir a felicidade fose unha cousa doada!

Boas a todos e benvidos a esta reseña especial con motivo das Letras Galegas! Aquí Santi co que probablemente sexa o segundo libro en lingua galega que máis me gustou nunca: Contos por Palabras, de Agustín Fernández Paz.

Este libriño, de 126 páxinas, foi publicado no 91 pola editorial Merlín, e, como vedes, é moi dodo de ler, ademáis de ser unha lectura moi entretida.

Este libro tampouco ten moita historia. Veredes, este libro está estuturado en 10 partes, na que cada unha delas fala dunha persoaxe, pode ser de lendas ou historias inventadas, que busca de atopar traballo ou vender algunha das súas pertenzas e van respondendo a anuncios do xornal. Atopamos protagonistas como Merlín, Spiderman, un unicornio, etc, que fan do libro unha amalgama moi interesante de relatos variados.

O que quizais me gustara máis deste libro é, sobre todo, a súa maneira de ser contado, ademáis da súa orixinalidade, é dicir, ti non esperas para nada unha temática como esta, é algo novo.Un gran libro sen dúbida.

O aspecto malo? Moi infantil. Eu lin este libro con 12 anos, pero agora non sei se me gustaría tanto como agora, aínda que agora tamén o recomendo. un 8 ou incluso un 8.5.

Ata aquí a reseña en galego, rapaces e rapazas! Domingo toca outra reseña, e seguirei en castelán. Grazas a todos e todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario